
Os celestes foron moi superiores a un Tizona que mantivo certo equilibrio só no primeiro cuarto
Con intensidade defensiva e con fame de vitoria tralo mal partido de Melilla, o equipo de Diego Epifanio saltou ao parqué do Pazo coa intención de sumar unha vitoria importante nun dos partidos aprazados da segunda xornada.
Iván Cruz con 19 puntos e 8 rebotes foi o máis valorado do partido. Destacaron as actuacións de Larsen (17 puntos e 9 rebotes), Sollazzo con 13 puntos e 8 rebotes. Mo Soluade entregou 6 asistencias.







