Vitoria do Cafés Candelas no derbi de Marín (77-99)

Compartir con

O Breo volve a rozar a centena de puntos ante un rival que mantivo o pulso durante a primeira metade

Importante vitoria celeste no derbi disputado en A Raña. O partido comezou con anotación compulsiva por parte dos dous equipos que asinaban un 30-31 ao fin do primeiro cuarto. Pouco a pouco as defensas foron axustándose e o nivel anotador baixou de nivel, pero mantíñase a igualdade ao descanso (46-49).

Pero na segunda parte o Breogán fixo valer a súa maior rotación e desgastou ao Marín que competiu ata que as forzas comezaron a fallar, chegando ao  final con vitoria celeste por un claro 77-99.

Vitoria do Cafés Candelas no derbi de Marín (77-99)

O Marín Ence Peixegalego apura as súas opcións de manter a categoría neste tramo final de competición. Dende o CB Breogán desexamos toda a sorte a un equipo galego con afección e méritos para estar o máis alto posible dentro do panorama nacional.

O Cafés Candela s estivo acompañado, unha vez máis, pola espectacular marea Celeste, que superaba os 300 efectivos que levaron as cores e os cánticos breoganistas ás gradas de A Raña.

Agradecemos unha vez máis o alento dunha afección incansable que enche de orgullo ao equipo.

A próxima parada, no Pazo, ante Palma Air Europa o vindeiro sábado día 8 ás 19:15 horas.

Vitoria do Cafés Candelas no derbi de Marín (77-99)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información