Volta ao Lugo dos 80: proxección de «La vieja música»

Compartir con

O vindeiro luns 19 de xuño ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo, con proxección e coloquio do clásico de Mario Camus

Volta ao Lugo dos 80: proxección de «La vieja música»

Con motivo do 50 aniversario do Breogán o club fíxose cos dereitos de proxección pública de La Vieja Música de Mario Camus, unha película que ten como escenario o entorno breoganista de mediados dos 80. Un auténtico percorrido por aquel Lugo que viu o Breo de Tito Díaz, Manel Sánchez, Jimmy Wright… e a aparición como figurantes de numerosos lucenses nun filme que conta con estrelas como Federico Luppi, Asumpta Serna, Charo López, Antonio Resines ou Paco Rabal.

Está previsto realizar un coloquio de introdución sobre o filme e o impacto na cidade de Lugo no seu tempo.

A asistencia será de balde pero, debido aos limitado aforo,  será preciso sacar a entrada online na taquilla desta web NESTE ENLACE

Esta actividade conta co patrocinio da Deputación de Lugo

Volta ao Lugo dos 80: proxección de «La vieja música»
Volta ao Lugo dos 80: proxección de «La vieja música»

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información