Volve Mateo Díaz e Erik Quintela recupérase dunha leve escordadura

Compartir con

Volve Mateo Díaz e Erik Quintela recupérase dunha leve escordadura

O Leite Río Breogán volve ao traballo coa visita a Melilla nun horizonte algo afastado (venres 20, 20:15 h.), xa que aos celestes tócalles descansar na xornada 5

O base arxentino, Mateo Díaz, regresa ao traballo tras dar negativo nas probas médicas e Érik Quintela traballa con fisios e preparadores para superar a escordadura producida durante o último partido.

O Leite Río Breogán volve ao traballo coa visita a Melilla nun horizonte algo afastado (venres 20, 20:15 h.), xa que aos celestes tócalles descansar na xornada 5.

Se algo terá de bo este parón para o Leite Río Breogán, é a posibilidade de que Érik Quintela se recupere da súa leve escordadura de nocello sen necesidade de apurar prazos para un inminente partido, e traballará ao longo dos próximos días baixo a supervisión de preparador físico, fisioterapeuta e médico.

O Leite Río poderá contar de novo con Mateo Díaz que regresa ao traballo tras dar negativo en tódalas probas realizadas durante os últimos días, e tras pasar un período de confinamento que lle obrigou a facer traballo físico illado en domicilio baixo a supervisión do preparador físico e o equipo médico. O base, que se atopou totalmente asintomático durante o seu illamento, conta xa coa aprobación dos estamentos médicos e federativos,  e está xa preparado para seguir medrando ás ordes de Diego Epifanio.

Volve Mateo Díaz e Erik Quintela recupérase dunha leve escordadura

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información