Volve o básquet ao Pazo. Lembramos accesos, zonas e aspectos de seguridade

Normativa e recomendacións para seguir o Breo no Pazo con total seguridade

Acceso segundo zonas e denominación da portas e zonas de grada
Acceso segundo zonas e denominación da portas e zonas de grada

Para a seguridade dos asistentes aos partidos do CB Breogán no Pazo dos Deportes, lembramos algúns aspectos a ter en conta:

Recoméndase aos asistentes acudir coa maior antelación aos partidos tendo en conta que as portas abrirán unha hora antes do inicio. Na medida do posible recoméndase o uso do transporte público ou evitar o uso do coche sempre que sexa viable para evitar atascos e atrasos nos accesos.

Os asistentes deben portar o seu carné de abono ou no seu caso entrada para a súa lectura e comprobación nos dispositivos de entrada e acceder ao recinto e abandonalo pola porta asignada ao seu abono ou entrada.

Por seguridade (RD 203/2010), está prohibida a introdución de bebidas, alimentos en envases de metal, vidro, cerámica, madeira ou materiais similares que superen en volume/peso os 500ml./gr.. Tamén queda prohibida a introdución de calquera tipo de bebida alcólica, así como estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes ou sustancias análogas ou estar baixo os seus efectos.

Os corpos de seguridade realizarán rexistros aos asistentes si o consideran oportuno.

Non se permitirá a entrada con obxectos voluminosos salvo por expreso consentimento do persoal de seguridade, especialmente os que poderían supor un obstáculo en caso de evacuación. Non se permitirá acceder á grada con balóns nin elementos susceptibles de ser arroxados ou de entorpecer de xeito voluntario ou involuntario o desenvolvemento do partido.

Non se permitirá a introdución de elementos de animación voluminosos ou susceptibles de ser arroxados como bombos, bucinas, trompetas, etc. Tampouco se permitirá a introdución de micrófonos aou cámaras profesionais a persoas non acreditadas para o seu uso.

Cada asistente terá a obriga de ocupar o seu asento numerado e de portar entrada ou abono que indique a fila e número co fin de podelo identificar en caso de ser requirido polo persoal de seguridade ou da organización que estará debidamente identificado.

As normas de seguridade prohiben a circulación non xustificada por corredores ou escaleiras durante o desenvolvemento do partido, así como permanecer ou sentarse nas escaleiras que deben permanecer expeditas. Os menores deben portar o seu abono ou carné como identificación e serán os pais ou titores os responsables de que que cumpran coas normas de seguridade. Incidirase na recomendación, por seguridade, de non correr por corredores ou gradas para evitar accidentes e facilitar aos asistentes o seguimento correcto do partido.

Existe un servizo de ludoteca para os menores que posúan carné ou entrada infantil. A entrada e sáida será única e directamente dende unha porta exterior habilitada no lateral Campus e os nenos deben ser entregados ao persoal da ludoteca polo responsable (pai, nai, titor...) e ser retirado pola mesma persoa sempre pola porta exterior do Pazo habilitada a tal fin.

Quedan prohibidos tódolos cánticos que inciten ao racismo, xenofobia ou intolerancia, así como portar pancartas, símbolos ou obxectos con mensaxes que inciten á intolerancia de calquera tipo.

Para calquera dúbida ou necesidade, os asistentes poderán recorrer ao persoal acreditado de seguridade e información.

 

Volve o básquet ao Pazo. Lembramos accesos, zonas e aspectos de seguridade

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información