Vota o «Xogador Julio Vila das Peñas e Afección»

Compartir con

Quinta edición dun premio que honra a memoria dun lembrado Julio Vila, e recoñece a entrega dun xogador do Breo

--VOTA AQUÍ--

O vencedos sairá dunha combinación entre votos das peñas breoganistas e do voto individual do público NESTA ENQUISA

Voto das peñas

Cada unha das peñas (Peña Breogán, Embreogados, Fogar de Breogán, PeñaMaty´s e Breoñáns) votará con 3, 2 e 1 puntos aos tres xogadores que consideren merecedores do premio, sendo 3 a puntuación máis alta e 1 a máis baixa.

Cada unha das peñas elixirá a forma en qué levará a cabo a votación a nivel interno.

Cada peña remitirá o resultado da súa votación ao club.

Voto xeral

O público en xeral tamén participará deste trofeo mediante unha votación na forma que o Club Baloncesto Breogán estableza. O xogador máis votado acadará 10 puntos, o segundo 6 puntos e o terceiro 3 puntos. Esta votación rematará o día 24 de abril ás 23:59 horas.

Gañador

O gañador resultará de sumar os puntos de cada unha das peñas aos puntos obtidos no voto xeral.

Desempate

As peñas terán o voto de calidade en caso de empate.

Trofeo

O trofeo será entregado no encontro a celebrar en Lugo o día 26 de maio de 2019 ás 12:30 horas.

Gañadores anteriores edicións do Trofeo Julio Vila:

2014/2015: Osvaldas Matulionis

2015/2016: Pep Ortega

2016/2017: Matt Stainbrook

2017/2018: Emir Sulejmanovic

2018/2019: ?

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información