Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

Será o Cafés Candelas Breogán - FC Barcelona da segunda volta (7 de abril) e os aboados pagarán un suplemento

Como se anunciou ao principio de tempada, o partido é declarado Día do Club, polo que os abonados deberán pagar un suplemento- 12 euros para os sénior, 10 para xóvenes e universitarios, e 8 para la categoría infantil independientemente da zona do abono- para presenciar o encontro.

O suplemento poderase adquirir dende hoxe, e ata o día 2de marzo, na web do club dentro da pestana taquilla, para os abonados, que poderán mercar tamen unha entrada extra por carnet en prazo preferente para outra persoa a precio xeral.

Dende o día 25 de marzo e ata o 2 de abril os aboados poderan acceder e mercar as entradas liberadas polo socios que non mercaron o seu suplemento e que, polo tanto, deixan liberadas as súas localidades.

Dende o día 3 de abril, de quedar libre algunha entrada, venderanse para o público xeral.

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

Para o acceso á compra do suplemento de aboado pedirá os datos que o aboado proporcionou no momento da alta. Empregando o abono principal da familia poderase mercar todolos suplementos xuntos nunha soa operación. O sistema permite eliminar da cesta aquel ou aqueles que non desesaxe mercar.

Empregando os carnets non principais da familia o proceso de compra será individualizado, precisando o acceso os perfils -de un en un-  o número de aboado e contrasinal.

O proceso de compra e o seguinte:

Aconsellase facelo nunha fiestra individualizada e anónima premendo pra elo simultaneamente as teclas "Control+Mayusculas+N" para evitar porblemas de caché de posibles sesións anteriores.

PASO1: ENTRAR EN "TAQUILLA"

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

PASO 2 ENTRAR EN "PERFIL/AVATAR/ SÍMBOLO DE USUARIO/ "O Sr. Breo"

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

PASO 3: ÁBRESE NOVA VENTÁ PARA INTRODUCIR DATOS

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

Comprobamos que as entradas son as correctas . Procedemos ao pago na pasarela de pago onde será necesario número de tarxeta de crédito, data de caducidade e o numero de seguridade de tres dixitos que aparece no reverso da mesma.

Xa que o proceso de compra  está verificado, unha vez introducidos os datos receberá no seu móvil un SMS cun contrasinal que será necesario introducir na nosa paxina para rematar o pago. Nalgúns bancos o proceso realizase a través da aplicación móvil onde recibe un aviso.

Finalizado o proceso de compra o partido cargarase automáticamente na tarxeta de abonado .

É dicir que unha vez pagado o suplemento non será  necesario descargar ningún documento para poder acceder ó Pazo dos Deportes o día de partido, senón que se accederá coma sempre pasando a tarxeta de abonado polos lectores da súa porta habitual.

Poderá comprobar que está cargada a entrada na tarxeta de aboado entrando no perfil persoal, na opción mis entradas. Para elo:

1º Voltamos a repetir o paso 2º premendo no avatar (cabeciña do Sr. Breo).

2º E emerxe unha nova fiestra.  Picamos sobre "MIS ENTRADAS" e ali comprobaremos que está cargado o partido no noso carnet de aboado da tempada:

Á venda as entradas do segundo día do club no Pazo ante FC Barcelona

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información