Xa dispoñibles os abonos de segunda volta

Compartir con

Xa dispoñibles os abonos de segunda volta

Faranse de xeito presencial nas oficinas. So quedan dispoñibles localidades en fondos e esquinas dos laterais

CONDICIÓNS XERAIS

Para a presente tempada 2019/2020 tódalas localidades son numeradas. O abono non inclúe un posible play off no que os aboados terán prezos vantaxosos e o club resérvase a opción de declarar un día do club que se confirmará coa suficiente antelaciónn en medios do club e prensa.

As altas para os abonos de segunda volta faranse únicamente de xeito presencial nas oficinas do Pazo dos Deportes de Lugo en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres.

Para a segunda volta so quedan dispoñibles localidades nas zonas de ESQUINAS E FONDOS.

CATEGORÍAS E PREZOS:

BABY BREO: de 0 a 4 anos á data de alta. Prezo único 5€ (Non da dereito a asento, para elo o interesado debe darse de alta como aboado infantil).

INFANTIL: de 5 a 17 anos (incluídos) á data de alta: Esquina: 40€ / Fondo 30€

ESTUDANTE: de 18 a 24 anos (Incluídos) á data de alta. Esquina: 45€ / Fondo 35€

SENIOR: de 25 a 64 anos (incluídos) á data de alta. Esquina: 90€ / Fondo 75€

DESEMPREGADO: en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego con inscrición anterior 1 de setembro de 2019. Esquina: 55€ / Fondo 50€

XUBILADO MAIOR DE 65 ANOS: persoas con 65 anos cumpridos á data de alta no abono e que acrediten situación legal de xubilación. Esquina: 55€ / Fondo 50€

DESCONTOS

CÓNXUXE (Matrimonio e parella de feito acreditados con Libro de Familia. Con, mínimo, un dos dous membros en categoría sénior): 15€ sobre o abono.

1º e 2º FILLO. (Acreditados con Libro de Familia.  Válido para menores de 25 anos á data de alta): 5€.

3º FILLO E SUCESIVOS (Acreditado con Libro de Familia.. Válidos para menores e 25 anos á data de alta): 10€.

PAGOS: 

Posibilidade de pago en efectivo, tarxeta de crédito.

ABONOS: EMISIÓN DE TARXETA E VALIDEZ

O abono de segunda volta da tempada 2019/2020 será válido para acceder aos partidos de liga regular da tempada conforme ao calendario a definir pola propia Liga, excepto para a data declarada DÍA DO CLUB que será de pago para tódolos asistentes a elección do Club. Neste sentido o Club resérvase o dereito a elixir o importe a pagar polo afeccionado e os encontro en cuestión, comunicándoo en todo caso coa antelación suficiente en medios propios do club e prensa local.

O abono de tempada non inclúe un posible play off para o cal o aboado tería dereitos preferentes en canto a importes e localidades.

Xa dispoñibles os abonos de segunda volta

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información