Xa se coñece a selección que representará ao Cafés Candelas Breogán na Fase Previa da MiniCopa Endesa

Compartir con

Son 15 rapaces de 5 clubs da provincia de Lugo seleccionados polos técnicos celestes

Nove xogadores do Estudiantes Lugo, dous de Ensino, dous de Viveiro, un de Ribadeo e outro de Sagrado Corazón vestirán as cores do Cafés Candelas Breogán na fase previa da MiniCopa Endesa que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de decembro en L´alqueria de Valencia.

A selección elaborouse trala invitación a tódolos clubs da provincia con rapaces nados nos anos 2005 e 2006 que enviaron aos rapaces a unha concentración na que os participantes traballaron cos adestradores do Breogán coa colaboración de técnicos do Ensino. Tras un seguimento dos mesmos os técnicos elaboraron unha lista de seleccionados, unha tarefa nada doada dado o nivel amosado pola gran maioría dos participantes nas probas.

O equipo xogará a fase previa de Valencia de onde sairán os equipos participantes da fase final da MiniCopa que coincidirá coa celebración da Copa del Rey de Liga Endesa 2019 de Madrid.

Xa se coñece a selección que representará ao Cafés Candelas Breogán na Fase Previa da MiniCopa Endesa
Xa se coñece a selección que representará ao Cafés Candelas Breogán na Fase Previa da MiniCopa Endesa

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información