O mércores 24 sube a túa imaxe breoganista e gaña unha viaxe co equipo!
O vindeiro mércores xogarase no Pazo o partido aprazado da primeira xornada e queremos premiar a túa fidelidade
Temos un partido que “comezou” o pasado 30 de setembro e rematará a noite do 24 de outubro!
Eres aboado ou tes entrada para o Breo – Joventut do mércores?
Anímate, o día 24, a subir a Twitter unha imaxe de cómo vives o día de partido: Un selfie no Pazo, ou diante da TV, coa bufanda camiño do Pazo, coa camiseta no traballo, tomando un Candelas ou unha Estrella Galicia coa bufanda… o que se che ocorra! todo coa etiqueta #OPartidoMáisLongo, nomea ao Breo (@CBBreogan) e a que logre máis "likes" ata as 16:00 horas do día 25, será premiada unha viaxes para dúas persoas para estar preto do equipo no Palacio de Deportes de Badalona o partido da segunda volta entre o Divina Joventut e Cafés candelas Breogán do sábado 30 de marzo.
Ademais sortearemos entre tódolos aboados, polo simprle feito de selo nesta tempada, outra viaxe para dúas persoas para o mesmo partido durante o partido do Obradoiro!
Tes dúas oportunidades: Subido a foto a Twitter nomeando ou etiquetando a conta oficial do Breo, e coa etiqueta #OPartidoMáisLongo, ou se decides non facer nada, agardar a que a sorte te acompañe por ser aboado.
Participa e gaña co Breo neste que é #OPartidoMáisLongo