Luns 16 de xullo: xornada histórica para o Breogán

Compartir con

Este luns luns, na Asamblea Xeral de Clubs da ACB, someterase a votación o ingreso do club lucense tralo ascenso deportivo

Os representantes dos clubs reuniranse a partir das 11:00 horas na Sala de Asambleas Eduardo Portela, na sede da ACB en Barcelona, con varios puntos importantes na orde do día onde se someterán a votación aspectos como a nova presidencia da Asociación de Clubs, modificacións en estatutos, calendario de competición, e finalmente a que mais interesa aos afeccionados lucenses: a admisión do Breogán -xunto ao Manresa-, como membro de pleno dereito entre os clubs da máxima categoría do baloncesto español.

Unha cita moi esperada dende que o equipo celeste certificou, xa meses atrás, o ascenso deportivo ao acadar a primeira praza na clasificación da Liga LEB 2017/2018, e dende que a propia ACB anunciou que o Breogán aportara toda a documentación e pagos requiridos para solicitar unha praza na máxima categoría.

Na cita de Barcelona estará representado o CB Breogán polo presidente, Jesús Lázare, e o adxunto ao Consello de Administración, Javier Morandeira.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información