Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas

Compartir con

O CB Breogán SAD convocou a súa xunta anual

Convocatoria publicada en BORME (21-11-2019)

O Consello de Administración do Club Baloncesto Breogán, S.A.D., na súa sesión celebrada o día 31 de outubro de 2019, acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade co carácter de Ordinaria e que terá lugar no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, sita en Rúa San Marcos, 8, 27001 – Lugo, en primeira convocatoria, ás 20:00 horas do día 26 de decembro de 2019 e, se a iso houber lugar, en segunda convocatoria, no mesmo lugar e hora, o día 27 de decembro de 2019 co obxecto de someter a exame e votación os asuntos comprendidos no seguinte

Orde do día

Primeiro.- Informe do Presidente.

Segundo.- Estudo e aprobación, no seu caso, das Contas Anuais (Memoria, Balance e Conta de Perdas e Ganancias); proposta de aplicación do resultado correspondente ao exercicio social pechado o 30 de xuño de 2019.

Terceiro.- Aprobación do orzamento para a tempada 2019/2020.

Cuarto.- Rogos e preguntas.

Quinto.- Elevación a público, se procede, dos acordos adoptados.

Sexto.- Aprobación da acta da xunta.

ANUNCIO PDF 

Anuncio publicado na prensa local o día 22 de novembro
Anuncio publicado na prensa local o día 22 de novembro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información