«Xuntos da man», o programa que une a CD Lugo e CB Breogán

Compartir con

«Xuntos da man», o programa que une a CD Lugo e CB Breogán

Co impulso da área de deportes da Deputación de Lugo os dous clubs traballan conxuntamente en diversas frontes de interese deportivo e social

Os presidentes de CD Lugo, Constantino Saqués, e CB Breogán, José Antonio Caneda, acompañados polo deputado de deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentaron en rolda de prensa o programa titulado «Xuntos da man», unha iniciativa que leva asociadas varias liñas de traballo cunha estreita colaboración entre os dous clubs máis representativos da provincia de Lugo.

O apoio a causas solidarias, a difusión dos valores do deporte que comparten fútbol e baloncesto, ou as iniciativas que levarán aos afeccionados de ámbolos dous clubs a acudir a prezos reducidos a Pazo e Anxo Carro nalgunhas datas clave para os dous (a primeira na xornada desta fin de semana polo que os socios dos dous equipos poderán mercar entradas a 5€ para ver fútbol e baloncesto), son só os primeiros pasos que levarán a Breo e Lugo a abrir á sociedade os valores que comparten.

Os dous clubs aproveitarán a proximidade do Día da Muller para dedicar os partidos da fin de semana a difundir a mensaxe de igualdade que debe imperar en tódolos planos da sociedade, unha loita na que o deporte non debe permanecer á marxe. Esta idea foi remarcada polos tres comparecentes que se amosaron ledos polo acordo que levará aos dous clubs a «facer equipo».

As visitas conxuntas a centros educativos, xa realizadas esta semana a colexios e institutos lucenses, serán máis frecuentes no futuro e os dous equipos, por medio dos seus deportistas, técnicos, empregados e directivos, sumaranse tamén a aquelas liñas de promoción turística da cidade de Lugo e da Provincia. Unha das actividades programadas é a participación dos adestradores dos dous equipos nun voo sobre a cidade e parte da provincia de Lugo, unha oportunidade de coñecer a nosa terra dende un punto de vista privilexiado e que suporá un apoio á visibilidade turística da provincia.

Os dous clubs presentarán proximamente un programa de promoción do deporte nos centros deportivos, escolas, e institutos, aberto a tódolos centros que asinen un manifesto de participación, que incluirá entrega de material didáctico e promocional como balóns de fútbol e baloncesto para os centros.

«Xuntos da man», o programa que une a CD Lugo e CB Breogán
«Xuntos da man», o programa que une a CD Lugo e CB Breogán
«Xuntos da man», o programa que une a CD Lugo e CB Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información