Yankuba Sima completará os adestramentos do Cafés Candelas

O xogador español con pasado en NCAA traballará temporalmente co equipo celeste

Yankuba Sima Fatty (28 de xullo de 1996, Girona) é un pívot de 2,09 m de corte defensivo, con capacidade atlética e intimidador.

Nado en Girona, onde comezou no baloncesto da man do Sant Josep, pasou tamén pola Canarias Basketball Academy.

Posteriormente pasou a estudar en Estados Unidos onde militou na Country Day High School en Jacksonville e no instituto Delray Beach de Florida. Posteriormente tivo un paso poer NCAA en St. Johns (NY) e Oklahoma State.

A colaboración do xogador co Cafés Candelas permitirá paliar os problemas físicos dos xogadores interiores aportando unha rotación máis no día a día dos celestes.

Yankuba Sima completará os adestramentos do Cafés Candelas
Yankuba Sima completará os adestramentos do Cafés Candelas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información