Os xogadores visitaron as instalacións da empresa patrocinadora
Acompañados polo adestrador axudante, Fernán Varela, o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz e o xerente de Norcontact, Javier Fernández, os xogadores Zan Mark Sisko e Juan Fernández compareceron ante a prensa prol primeira vez como xogadores do Río Breogán. Mostráronse ilusionados co reto celeste e con ganas de competir por sumar unha nova Copa Galicia ás vitrinas do club.
Tito Díaz comentou aspectos da actualidade do club.
Norcontact é partner tecnolóxico do CB Breogán e dá in importante soporte á programación informática relacionada con abonados, ticketing e outros aspectos fundamentais para o club. Agradecemos a Norcontact o seu apoio durante as últimas tempadas formando parte de as “empresas que fan equipo”.
