A colaboración, unha tempada máis, da clínica especializada en disciplinas como fisioterapia, podoloxía ou enfermería, constitúe o complemento ideal para os profesionais celestes
Unha tempada máis Marzo Saúde aposta por facer equipo e manterá as súas instalacións e equipo humano ao dispor do Leite Río Breogán, traballando en coordinación co corpo técnico do club.
Situada a uns minutos de Lugo, na localidade de Castroverde, Marzo Saúde é un apoio importante para o equipo médico e de fisioterapia do club, e conta cunhas amplas instalacións de vangarda con equipos da máis avanzada tecnoloxía en prevención, seguimento e recuperación de lesións.
No acto de renovación do convenio estiveron presentes o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, que agradeceu o apoio de Marzo Saúde ao club, e os responsables da empresa Jesús e José Luis Valiño, que confirmaron o seu compromiso co proxecto celeste.
Marzo Saúde, tamén «socio comercial» do Breo
A clínica Marzo Saúde recibiu ademais o recoñecemento de #EmpresasQueFanEquipo, entrando na listaxe de establecementos que optan tamén por ser «socio comercial» do Breogán, un apoio moi importante para o club e que significa tamén un achegamento ao mundo da pequena e mediana empresa, hostalaría e comercio.
COÑECE MARZO SAÚDE