A folla de ruta do Río Breogán na Fase Previa da BCL

Compartir con

O sorteo realizase este mércores en Suiza

O camiño europeo do Río Breogán para a tempada 2026-27 xa comeza a debuxarse. Este mércores sortearanse os cruzamentos da fase previa, un evento que se poderá seguir en directo a través da canle oficial da competición.

A Basketball Champions League (BCL) deu a coñecer todos os detalles normativos e a distribución dos bombos de cara ao sorteo oficial da undécima edición da competición. O equipo celeste, que buscará gañar un posto na esixente Fase Regular do torneo continental, iniciará a súa andaina nos Torneos de Clasificación, onde a esixencia será máxima desde o primeiro salto inicial.

Nesta ocasión, un total de 24 equipos pelexarán nas roldas previas, divididos en dous torneos independentes dos cales só sairán dous gañadores con billete directo á fase de grupos. O Río Breogán quedou encadrado no Torneo de Clasificación 2, unha ruta que, debido ao volume de clubs aspirantes, contará cun formato de eliminatorias a partido único e arrincará de forma directa desde la rolda de oitavos de final.

Atendendo aos criterios de ránking da BCL, o conxunto celeste formará parte do Bombo 2 no sorteo, compartindo espazo co BK Opava checo, o RASTA Vechta alemán e o Manisa Basket turco. As bases da competición estipulan que o rival do Río Breogán no cruzamento de oitavos de final sairá dos integrantes do Bombo 3. Deste xeito, o primeiro escollo dos de Lugo será un destes catro equipos:

  • Dziki Warszawa (Polonia)

  • Kolossos H Hotels (Grecia)

  • Rilski Sportist (Bulgaria)

  • Yukatel Denizli Basket (Turquía)

A cita no calendario xa está fixada. As eliminatorias pola clasificación europea disputaranse nunha sede concentrada entre o 14 e o 20 de setembro de 2026. O calendario de xogo detallado e a cidade organizadora do torneo confirmaranse de forma oficial a finais deste mes de xullo.

A folla de ruta do Río Breogán na Fase Previa da BCL

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información