O Leite Río Breogán afronta como líder a segunda fase de LEB Oro 2020/21
Despois de aprazar a primeira xornada prevista para a fin de semana do 13 de marzo debido á disputa de partidos pendentes do grupo B, e situando esa xornada inicial para o día 31 ( Castelló- Leite Río), os celestes inician o camiño da parte decisiva da liga no Pazo ante o Covirán Granada o sábado 20 ás 19:00 horas.
O equipo de Diego Epifanio recibirá ao conxunto andaluz no que militan vellos coñecidos da afección celeste como Christian Díaz, Thomas Bropleh ou Alejandro Bortolussi.
O partido será retransmitido en directo por La Liga Sports TV e Televisión de Galicia.