A Praza Maior de Lugo tinguiuse de celeste antes da aventura europea

Compartir con

A Praza Maior de Lugo tinguiuse de celeste antes da aventura europea

A familia breoganista reuniuse no corazón de Lugo para compartir unha tarde moi especial antes de que o Río Breogán poña rumbo a Bulgaria para afrontar o inicio da súa aventura na Basketball Champions League.

A Praza Maior de Lugo converteuse nun punto de encontro entre o equipo e a súa xente, organizado polo Concello de Lugo. Xogadores, corpo técnico e afeccionados gozaron xuntos dunha xornada na que o baloncesto volveu ocupar o centro da cidade e na que os máis pequenos tiveron un protagonismo especial.

O concurso de triplas, os xogos e as actividades organizadas polo club e a presenza de Máximus fixeron as delicias dos asistentes. A xornada tamén permitiu aos afeccionados levar un recordo especial, co sorteo de cinco camisolas asinadas por todo o cadro de xogadores entre aqueles que realizaron compras na tenda instalada para a ocasión.

Un dos momentos máis agardados foi a chegada do cadro de xogadores e do corpo técnico. Luis Casimiro, Érik Quintela, Francis Alonso e Jonathan Kasibabu tomaron a palabra en representación dun grupo que afronta con ilusión unha tempada que xa ten o seu primeiro gran desafío ás portas.

A festa tivo tamén o seu particular peche desde o balcón do Concello, desde onde se lanzaron agasallos aos afeccionados co bazuca Candelas que acompaña o equipo durante os seus partidos.

Foi unha tarde para compartir, para reencontrarse e, sobre todo, para lembrar que o Breogán non viaxa só. Este sábado, o equipo emprende rumbo a Bulgaria para comezar unha nova aventura europea. Por diante, catro eliminatorias separan o conxunto celeste da fase de grupos da Basketball Champions League.

Lugo xa fixo a súa parte: despedir os seus cos agarimo de sempre.

Agora toca levar ese alento ata Europa.

Forza Breo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información