A previa de Luis Casimiro, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Luis Casimiro visitou a Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, onde compartiu comparecencia co delegado territorial, Javier Arias, e onde ofreceu a rolda de prensa previa con motivo do patrocinio do encontro por parte da institución, como parte dos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e o CB Breogán.