Aaron Geramipoor, poderío interior para o Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O club celeste e o xogador británico Aaron Geramipoor (Manchester, 11 de setembro de 1992) chegaron a un acordó para que o pivot de 2,13 m. defenda a camisola breoganista na tempada 2016/2017.

Aaron Geramipoor, poderío interior para o Cafés Candelas Breogán

Geramipoor é un pivot de grande envergadura e capacidade atlética que lle permite percorrer a pista xogando en velocidade e conta con facilidade para anotación en posición cercanas ao aro e bo instinto reboteador.

O interior británico formouse na Universidade de Seton Hall (NCAA) e posteriormente pasou polo equipo de CB Canarias de LEB Plata e polo Club Ourense Baloncesto  na tempada en que o conxunto ourensano superou, nunha inesquecible final polo ascenso,  ao que será dende hoxe o seu novo equipo, o Cafés Candelas Breogán. Apasada campaña xogou no Soles de Mexicali (Mexico-LNBP) onde pormediou 9,1 puntos e 5 rebotes.

Aaron Germaipoor incorporarase ao equipo de Natxo Lezkano nos vindeiros días.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información