O Río Breogán – Casademont Zaragoza (domingo 20, 17:00horas) está patrocinado por ABANCA. Así o anunciaron en rolda de prensa o director xeral do CB Breogán, Salva Arco, e a directora territorial de ABANCA, Zaira Dapena.
ABANCA leva moitos anos apostando polo deporte tanto a nivel profesional como de formación, e trátase dunha das marcas vencelladas ao Breogán como un dos seus principais patrocinadores.
A marca terá maior presencia do habitual no partido entre Breogán e Zaragoza e durante a próximas datas haberá sorteos e promocións desde os perfís oficiais da entidade e do Breo.
Agárdase un novo cheo no Fogar do Breogán.
