Acordo de desvinculación con Sergi García

Compartir con

O Río Breogán chegou a un acordo económico co xogador Sergi García Calvo, desistindo o primeiro ao dereito de tenteo exercitado no seu momento, e outorgándolle así, ao xogador, plena liberdade para ser contratado por calquera outro club participante na liga ACB 24/25.

Despois de ofrecerlle desde o club a opción de renovar o seu contrato, o xogador, a través dos seus axentes, informou da súa vontade de non aceptar a proposta de renovación para estudar outras posibilidades.

Desde o Club agradéceselle o seu compromiso e dedicación durante estas dúas últimas campañas, desexándolle sorte na súa nova etapa profesional.

Acordo de desvinculación con Sergi García

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información