Activada a opción de liberación de localidades

Compartir con

Os abonados que non asistan ao partido do sábado poderán notificalo e poñer o seu asento a disposición do público

Aqueles abonados que non poidan acudir ao partido do sábado ante o Real Madrid poderán, desde o seu perfil de abono virtual, renunciar á localidade para que o club poña á venda os asentos dispoñibles.

Unha vez indicado desde o perfil de abonado a renuncia, o abonado recibirá un mail para facer unha confirmación desde o correo electrónico. Desde ese momento a entrada liberarase para a taquilla xeral. O abonado poderá recuperar a localidade mentres o asento non entre nun proceso de compra online.

Sorteo entre aboados que liberen

O club fará un sorteo entre tódolos abonados que liberen a súa localidade e que sexa vendida ao público.

Serán sorteadas dous pases VIP dobres a pé de pista para ver o encontro da última xornada no Pazo de liga regular ante Manresa, unha camiseta oficial asinada, e un balón asinado polo equipo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información