O base húngaro de 1,93 m. e 24 anos, con formación en España, procede do Morabanc Andorra
O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao base Adam Somogyi para a tempada 2024/2025.
Somogyi (Budapest, 30 de xuño de 2000) formouse en España en clubs como Betis, Torrelodones e Zamora, antes de regresar ao seu país e xogar dúas tempadas no DEAC. En 2021 xoga no Falco KC do seu país e a seguinte tempada, a 2022/23 xoga tamén en Hungría no Alba Fehervar onde promedia 12,1 puntos, 3,8 rebotes e 4 asistencias por encontro.
Na pasada tempada, Adam Somogyi formou parte do Morabanc Andorra onde promedió 3,5 puntos e 1,1 rebotes cun 38.7% en tiros de tres.
Adam Somogyi, internacional coa selección de Hungría, está considerado xogador de formación, é un base novo, con gran físico, capacidade de dirección e bo tiro exterior. Pode, ademais, xogar na posición de escolta e defender a xogadores en varias posicións exteriores.