O club agradece a súa achega durante todos estes meses
A etapa de Albert Ventura no Breo chega ao seu fin. O xogador, que chegaba ao Río Breogán cun contrato vinculado á participación en BCL, competición na que xogou en seis encontros, prolongou a súa estancia no equipo, dispoñendo tamén de minutos en ACB, e sendo un xogador importante no día a día do equipo ao que achegou a súa experiencia e profesionalidade.
Desde o CB Breogán queremos agradecer a Albert o seu compromiso e todo o que deu ao equipo e ao club, e desexarlle o mellor no seu futuro persoal e profesional.