O xogador, que finalizaba contrato tras a eliminación de BCL, seguirá no club ata o parón de Copa do Rey
O club e o xogador chegaron a un acordo para prolongar a súa vinculación durante unhas semanas nas que seguirá traballando co equipo. Ventura, que chegou ao Río Breogán para xogar competición europea, participando en seis encontros de BCL, converteuse nunha peza máis do equipo tamén en competición ACB, tendo minutos de xogo en once partido da competición doméstica.