Río Breogán visitou o centro escolar lucense, onde compartiu parte da mañá co alumnado
Fotos, autógrafos, preguntas e moitos sorrisos encheron o CEIP Illa Verde cando apareceron os xogadores e a mascota celeste, que percorreron diversos espazos do colexio e interactuaron cos máis pequenos.
A visita forma parte do programa de promoción do deporte nos centros escolares, que conta co impulso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.