O xogador dominicano, unha vez solucionados os seus trámites burocráticos coa visa para entrar en espacio Schengen, sumarase ao traballo cos seus novos compañeiros na primeira semana de competición
Os trámites burocráticos, que se alungaron máis do desexado, impedíronlle ao internacional dominicano, Andersson García, traballar na pretempada co Río Breogán. Unha vez rematados e xa coa visa no seu poder, o xogador desprazarase a Lugo para pasar o pertinente recoñecemento médico e unirse ao traballo co grupo para preparar o primeiro compromiso da tempada, que será o domingo 27 de setembro ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes ante o Joventut.