
O escolta letón de 1,93m. e 24 anos procede do UCAM Murcia
Kurucs formouse nas categorías inferiores do VEF Riga chegou moi novo, con só 15 anos, ao Baskonia, onde acabou de formarse antes de dar o salto ao primeiro equipo. Cunha cesión temporal ao Riga, co que se proclamou campión da liga do seu país en 2019, cun papel destacado que lle valeu ser incluído no mellor quinteto do campionato, regresou ao Baskonia co que tamén logrou o título de Liga Endesa 2019/20. No verán de 2023 chega ao Promitheas Patras da primeira liga grega, onde asinou 6,7 puntos e 1,5 rebotes. En decembro dese ano incorpórase ao UCAM Murcia onde coincide co seu irmán, Rodions.
Internacional en todas as categorías con Letonia, formou parte do combinado que finalizou en quinta posición o Mundobasket de 2023.
Arturs Kuruks conta con experiencia na competición, estas dúas últimas tempadas pertencendo ao UCAM Murcia, na actual disputou 8 partidos, un deles contra o Río Breogán no que anotou 6 puntos de dous lanzamentos triples, e xoga na posición de escolta. Destaca pola súa capacidade defensiva e bo lanzamento exterior.


