Os alumnos e alumnas do CEIP As Mercedes de Lugo visitaron ao Río Breogán
Uns douscentos alumnos e alumnas do centro lucense pasaron unha mañá no Pazo. Acompañados dos mestres e mestras, realizaron un tour completo que os levou polos interiores do Fogar do Breogán, o pasillo das lendas, a sala de prensa, a zona de trofeos e, por suposto, a grada, onde viron parte do adestramento do equipo e puideron recadar autógrafos e fotos ao final.
Unha experiencia coa que os nenos e nenas coñecen un pouco mellor a historia do Breo, os “segredos” do traballo no día a día do club e asistiron a unha sesión de preparación para un partido. Esta actividade enmárcase dentro das promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para achegar o deporte a colectivos de escolares, asociacións e entidades de interese social.