A empresa lucense especializada en renting, alugueiro de vehículos e dotación de flotas especiais conta con máis de catro décadas de experiencia ofrecendo servizos a grandes empresas, pemes, profesionais e particulares.
Co motivo da renovación do acordo de patrocinio co CB Breogán, unha representación do club integrada polo director xeral, Salva Arco, e os xogadores Francis Alonso, Aleksa Ilić, Érik Quintela e Andersson García, visitou as instalacións da compañía. Alí foron recibidos pola súa responsable, Ángeles Iglesias, quen os guiou nun percorrido pola sede situada na Fervedoira (Lugo).
Durante a visita, puideron coñecer de primeira man o traballo que realizan na empresa, incluíndo a preparación dos últimos vehículos incorporados á Policía Local de Lugo, equipados con toda a tecnoloxía necesaria para a súa labor.
Desde o CB Breogán agradecemos a Autos Iglesias a súa implicación e o seu constante compromiso co noso equipo.