Bakary Dibba, novo xogador do Río Breogán

Compartir con

O ala-pívot dinamarqués de 2,06 m e 23 anos chega procedente do MLP Academics Heidelberg, semifinalista da liga alemá

O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao internacional dinamarqués Bakary Dibba, un ala-pívot novo e atlético que tamén pode ocupar a posición de 'tres'.

Formado no seu país natal, nas filas do DBA Copenhagen e Copenhagen Basketball, Dibba desenvolveu as últimas tempadas na Bundesliga alemá, defendendo as cores de Tigers Tübingen (2021–2023), PS Karlsruhe Lions (2023/24) e esta última tempada no MLP Academics Heidelberg.

Na campaña recentemente finalizada en Alemaña, a súa primeira tempada nunha primeira liga, Dibba promediou 27 minutos en pista na tempada regular cunhas medias de 9,9 puntos, 4,1 rebotes e 1,1 asistencias.

Nos 8 partidos de playoffs polo título, onde caeu en semifinais ante o Bayern, xogou unha media de 29 minutos cuns promedios de 9,6 puntos, 5,3 rebotes e 1,4 asistencias por partido.

Bakary Dibba é un xogador de 23 anos e gran proxección, rápido, cun físico privilexiado que lle permite defender con solvencia xogadores interiores e exteriores, e con boa capacidade de rebote e anotación.

Bakary Dibba, novo xogador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información