O xogador, acompañado polo presidente Jesús Lázare, compareceu ante os medios de comunicación
Henk Norel, preparado para o seu novo reto no Cafés Candeas Breogán
Henk Nore foi o xogador máis valorado da pasada edición de Liga Endesa, parte do quinteto ideal da segunda mellor liga do mundo, vestiu a camiseta de equipos como Zaragoza, Joventut ou GBC, é internacional polo seiu país en todas as categorías. Pero a xa longa traxectoria baloncestísitca do interior non fixo minguar a ilusión que transmite polo seu traballo.
Tras varias semanas en Lugo onde se ha instalou coa súa familia, Norel xa aprecia o ambiente baloncestístico dunha cidade moi expectante polo regreso a Liga Endesa. Sobre a súa chegada ao Cafés Candeas, o holandés expresou que «o máis importante é notar que o club me quere e que vou poder xogar o baloncesto que me gusta alí onde se que queren contar comigo». Sobre as súas primeiras semanas de traballo cos seus novos compañeiros, Norel dixo que « nótase que é un gran grupo con fame de traballo e de demostrar que poden xogar ben en ACB. Cada día mostran as súas ganas de traballar e de mellorar, e hai moi boa química. Eu persoalmente xogo mellor se o equipo xoga xunto e demostrando esa química positiva». Sobre o seu novo adestrador dixo que «O coach está moi atento aos detalles para mellorar e corrixir cada aspecto. É bo porque inculca bos hábitos desde o principio que nos van a axudar durante a liga». O internacional holandés mostrou estar moi ao día da actualidade que rodea ao club e expresou a súa ilusión por xogar nun Pazo cheo cada xornada: «sei que se van a esgotar os abonos, que a cidade ten ganas e para min será impresionante gozar nun pavillón cheo en casa cada xornada» asegurou.
Norel estivo acompañado polo presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, que lle deu a benvida e expresou a satisfacción de poder contar cun xogador da traxectoria e calidade de Henk Norel para defender a elástica celeste do Cafés Candeas Breogán. A de Norel é a primeira presentación oficial da presente campaña, nas próximas datas o resto dos xogadores que forman o persoal irán comparecendo ante os medios de comunicación.