Boubacar Toure pecha o xogo interior del Río Breogán

Compartir con

O pivote senegalés de 2,13m e 29 anos conta con experiencia en ACB e Euroliga con Valencia Basket

Boubacar Toure (Dakar, 31 de dicimbre de 1995) chegou a ou acordo para completar o xogo interior do Río Breogán.

Formado nas universidades de Grand Canyon e Eastern Michigan (NCAA), onde foi incluído no mellor quinteto defensivo no seu último ano, tivo a súa primeira experiencia profesional na primeira liga francesa (Chorale Roanne Basket) onde estivo as súas dúas primeiras tempadas en Europa. De alí pasou á primeira liga de Turquía (Tofas SK), onde tamén xogou BCL. En ambas as ligas destacou entre os cinco mellores reboteadores.

Chegou á liga Endesa a pasada tempada da man do Valencia Basket, equipo co que participou en 21 partidos en Euroliga achegando 4 puntos e 4,1 rebotes en 13 minutos de media, e 4 puntos e 4,4 rebotes en 14 partidos de Liga Endesa.

Tras recuperarse dunha lesión, o xogador recalou na liga chinesa onde xogou sete partidos co Liaoning Flying Leopards, equipo que dominou as últimas tempadas no campionato do país asiático.

Toure é un pivote físico de gran envergadura, bo defensor e reboteador, intimidador e bo finalizador en posicións próximas a canastra.

Boubacar Toure pecha o xogo interior del Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información