A empresa lucense amplía a súa colaboración co CB Breogán como un dos seus grandes patrocinadores
O xerente da empresa cafeteira, Enrique Alonso, e o director xeral do CB Breogán, Salva Arco, comunicaron nunha rolda de prensa celebrada nas instalacións da empresa, a continuidade do acordo.
Cafés Candeas é unha empresa lucense con máis de medio século de tradición no sector do café, que se atopa en plena expansión e é líder en como provedora en hostalería.
Candeas é unha marca forte, positiva e recoñecida, vinculada á tradición e ás boas experiencias no mundo do café, e desde hai moitos anos demostrou o seu compromiso cos proxectos deportivos de Lugo sendo unha das marcas principais entre as patrocinadoras do CB Breogán.