Carmen Lence anima ao equipo a seguir a liña de traballo e compromiso do inicio de tempada
A presidenta do CB Breogán reuniuse coa plantilla e o corpo técnico sobre o parqué do Pazo para animalos a seguir traballando duro
A presidenta do consello de administración do CB Breogán, Carmen Lence, reuniuse sobre o parqué do Pazo con xogadores e o corpo técnico. Carmen Lence saudou a cada membro do equipo e dedicou uns minutos a felicitalos polo traballo diario e polos bos resultados no comezo da competición, e animounos a manter o compromiso de loitar en cada partido para facer gozar á afección celeste.