Celebrada a Xunta Xeral de Accionistas

Compartir con

Renováronse cargos e aprobáronse as contas e o orzamento da sociendade

Tito Díaz, Carmen Lence, Narciso Fernández e Alfonso Orol, renovaron os cargos como conselleiros da SAD, elixidos por unanimidade na Xunta Xeral celebrada este luns. Votouse tamén a incorporación dun conselleiro representativo da Fundación Breogán e comunicouse a saída de José Antonio Caneda, para quen os membros do consello tiveron palabras de agradecemento.

Os accionistas aprobaron as contas do pasado exercicio, con so unha abstención, e o orzamento da presente tempada por unanimidade.

O consello reunirase nos vindeiros días para o reparto de cargos.

 

Celebrada a Xunta Xeral de Accionistas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información