O base, de 1,85 m. e 26 anos, procede da Lega italiana onde destacou pola súa capacidade de liderado e de xeración de xogo con balón, pase e anotación
Charles Edward "Charlie" Moore (Chicago, Illinois; 3 de febreiro de 1998) é un base estadounidense formado en NCAA (California, Kansas, De Paul e Miami)
Na universidade, liderou a Conferencia Big East en asistencias xogando para os DePaul Blue Demons 2019-20, asinando récords para o equipo universitario como o de máximo asistente nun partido (13). Foi clave para que Miami Hurricanes (2021-22) alcanzase por vez primeira na súa historia o Elite Eight nunha tempada na que foi incluído no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.
Tras participar en ligas de verán NBA con Detroit Pistons en 2022, Moore dá o salto ao baloncesto profesional en Europa recalando en Bélxica (Belfius Mons-Hainaut), cun paso polo FMP Meridian Serbio onde promediou 17,6 puntos, 5,6 asistencias, antes de chegar ao Pistoia da LEGA italiana onde a temp. 23/24 asinou 17,4 puntos e 5,3 asistencias, cunha porcentaxe de acerto do 41% en tiros de tres puntos en 30 partidos e 28 minutos de media sobre a cancha.
Moore finalizou a Lega Italiana como oitavo xogador en votación para o MVP da competición.
Charlie Moore é un base rápido, anotador e bo xerador de xogo.