Remata unha nova tempada para a historia, e un ano máis entregarase o tradicional Trofeo Julio Vila, un memorial que leva o nome dun dos grandes precursores das peñas, busca escribir un novo nome na ilustre lista de xogadores cuxo carisma merece o recoñecemento das peñas e da afección.
VOTA AQUÍ
Bases do trofeo
Voto das peñas
Cada unha das peñas (Peña Breogán, Embreogados, Breoganas, Fogar de Breogán, Herdeiras do Minho, Peña Breogán Almansa, Peña Breo 370 Rábade e Breoñáns) votará con 3, 2 e 1 puntos aos tres xogadores que consideren merecedores do premio, sendo 3 a puntuación máis alta e 1 a máis baixa.
Cada unha das peñas elixirá a forma en que levará a cabo a votación a nivel interno.
As peñas remitirán o resultado da súa votación á dirección de correo electrónico prensa@cbbreogan.com antes das 23:59 horas do día 29 de maio.
Voto xeral
O público en xeral tamén participará deste trofeo mediante unha votación na forma que o Club Baloncesto Breogán estableza. O xogador máis votado acadará 8 puntos, o segundo 5 puntos e o terceiro 3 puntos. Esta votación rematará o día 29 de maio ás 23:59 horas.
Gañador
O gañador resultará de sumar os puntos de cada unha das peñas aos puntos obtidos no voto xeral.
Desempate
As peñas terán o voto de calidade en caso de empate.