Novo equipo de fisioterapeutas no Río Breogán

Compartir con

Incorporánse ao club Mauro Nogueira e Adrián Callejo

Mauro Nogueira, fisioterapeuta especializado no ámbito deportivo, conta con experiencia en baloncesto e fútbol de alto nivel. Desde 2021 colabora coa Federação Portuguesa de Basquetebol, participando en campionatos europeos internacionais en distintas categorías de formación, e traballou en institucións como ArteFisio, GDESSA e a Federação Portuguesa de Ténis, ademais de coordinar a área de fisioterapia do fútbol de formación no histórico Vitória Futebol Clube de Portugal.

Adrián Callejo, fisioterapeuta con experiencia no ADC Lugo Sala e no Centro de Fisioterapia Benestar, participou en eventos como o Campus Álex Llorca e realizou prácticas en hospitais e clínicas de referencia en Galicia. Conta con formación en técnicas como punción seca, electrópunción, exercicio terapéutico e terapia manual, e cursa o Posgrao en Fisioterapia Invasiva Avanzada. Ademais, posúe licenza federativa do Comité Galego de Árbitros e exerce como oficial de mesa en competicións FEB, o que reforza a súa estreita vinculación co baloncesto.

Adrián Callejo
Adrián Callejo
Mauro Nogueira
Mauro Nogueira

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información