O director xeral do club celeste, Salva Arco, e o xerente de Carrefour Lugo, Roi Conde, certificaron o acordo
O Club Carrefour continuará unha tempada máis entre as empresas que apoian o Breogán.
As persoas socias do maior programa de fidelización da distribución en España poderán gozar de invitacións para os partidos do Río Breogán, interacción cos integrantes do primeiro equipo, asistencia a adestramentos, agasallos de equipacións e material deportivo, produtos oficiais, así como outras accións de participación e experiencias deportivas.