Club Carrefour súmase ás empresas que fan equipo co Breogán

Compartir con

O CLUB CARREFOUR e  CLUB BALONCESTO BREOGÁN asinaron un acordo de colaboración para o que queda da actual tempada 2024-2025, polo que ambas as entidades colaborarán na promoción do deporte.

En concreto, os socios do maior programa de fidelización da distribución en España poderán gozar de invitacións para os partidos do Club Baloncesto Breogán de Lugo, interrelación cos integrantes do primeiro equipo, con asistencia a adestramentos, agasallos de equipamentos e material deportivo, merchandising, así como outras accións de participación e experiencias deportivas.

Este acordo, asinado en principio para a presente tempada, poderase ampliar a futuras tempadas, unha vez finalizado o presente acordo, coa intención de ampliar e mellorar as accións e a colaboración entre ambas entidades.

Club Carrefour súmase ás empresas que fan equipo co Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información