Trátase dun xogador de 1,98m. e 31 anos que procede do Pinar Karsiyaka, equipo que foi rival del Río Breogán na pasada edición de BCL

Darrum Hilliard (13 de abril de 1993, Pensilvania) formouse na universidade de Vilanova onde promediou 11,3 puntos e foi incluído no mellor quinteto da Big East Conference no seu último ano.
Elixido por Detroit Pistons en segunda rolda do Draft de 2015, alternou partidos NBA con participacións en liga de desenvolvemento vinculado aos equipos de Detroit e a San Antonio Spurs.
Conta cunha experiencia de 91 partidos en NBA.
En 2018 dá o salto a Europa e debuta en ACB con Baskonia onde achegou 10,8 puntos e 3 rebotes por partido, de alí pasou ao CSKA (2019-2021) Bayern Munich (2021-22) e Maccabi Tel-Aviv (2022-2023) disputando un total de 113 partidos de Euroliga nas catro tempadas.
A pasada tempada xogou no Pinar Karsiyaka (2023-24), equipo co que promediou 12,3 puntos (cun 41,9% en triplas), 2,9 rebotes e 3,8 asistencias na liga turca e 11,5 puntos, 3,3 rebotes e 3,5 asistencias, cun acerto do 45,3% en triplas na BCL.
Hilliard formou parte do combinado estadounidense que disputou e gañou o FIBA AmeriCup de 2017 celebrado en Arxentina.
Chega ao Río Breogán un xogador completo, con moito talento e gran capacidade de liderado, ademais de extensa experiencia, e que achega en todas as facetas do xogo, desde a anotación, cun gran lanzamento exterior, á defensa, destacando tamén como xerador de xogo, sendo un bo manexador de balón e un bo pasador.
Un líder na pista.