Os celestes foron superados con claridade polo GBC (74 -97)
Mal partido do Leite Río no Pazo ante algo máis de 4.000 espectadores que non fallaron á cita. Os visitantes amosaron máis ritmo e acerto dende o inicio e dominaron o partido de principio a fin.
Os celestes non puideron contar con José Nogués, recuperándose dunha fractura, nin Thomas de Thaey con molestias nun ombreiro polas que está a ser sometido a probas para valorar o alcance da lesión.