Iván Cruz regresou da concentración coa Selección Española 3x3 e deu positivo nunha proba PCR
O xogador, seguindo as indicacións do equipo médico do club, non se reuniu en ningún momento cos seus compañeiros de equipo nin co resto do persoal do club, e permanece illado no seu domicilio desde a súa chegada da concentración. Isto permite que o resto do equipo siga traballando con normalidade segundo o calendario de adestramentos previsto.
Iván Cruz, que sofre síntomas leves, será sometido a novas probas nos próximos días.
Os servizos médicos do club e da FEB, así como as autoridades sanitarias, están en contacto permanente para levar a cabo de maneira estrita tódolos protocolos que proceden nesta situación.