DeWayne Russell: experiencia, dirección e anotación para o Río Breogán

Compartir con

O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao base estadounidense, de 1,80 m, DeWayne DeShawn Roberts Russell (Peoria, Arizona, 10 de febreiro de 1994).

Formado nas universidades de Northern Arizona e Grand Canyon, tivo a súa primeira experiencia profesional en Europa durante a tempada 2017-2018, no Nancy francés, onde asinou unha media de 13,5 puntos, 3,1 rebotes e 5,7 asistencias en 32 partidos.

Xogou as dúas seguintes campañas no Crailsheim Merlins da liga alemá. Alí rexistrou medias de 11,3 puntos, 2,1 rebotes e 4,2 asistencias na tempada 2018-2019, e de 14,5 puntos, 2,8 rebotes e 5,4 asistencias na 2019-2020.

Posteriormente xogou dúas tempadas na Lega Italiana co De’Longhi Treviso, con 12 puntos, 2,8 rebotes e 5,4 asistencias na primeira, e 11,3 puntos, 2,3 rebotes e 4,4 asistencias na segunda.

No seu regreso á primeira división alemá, co EWE Baskets Oldenburg, consagrouse como máximo anotador e asistente da liga na tempada 2022-2023, con medias de 20,3 puntos, 2,8 rebotes e 7,7 asistencias. No seu segundo ano en Oldenburg, achegou 14,4 puntos, 2,4 rebotes e 6,3 asistencias, repetindo como mellor pasador do campionato por segundo curso consecutivo.

A pasada tempada xogou na liga turca, defendendo as cores do Aliağa Petkim Spor, onde promediou 8,4 puntos, 1,5 rebotes e 5,5 asistencias en 28 encontros, cunha media de 26 minutos por partido. Ademais, participou en 18 partidos da BCL, con medias de 8,9 puntos e 5,4 asistencias en 28 minutos..

Russell é un base puro, experto, rápido, capaz de anotar cando o equipo o necesita, cun bo manexo e unha gran capacidade para xerar con balón.


 

DeWayne Russell: experiencia, dirección e anotación para o Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información