O base croata de 1,95 m. (Zadar, 15 de xuño de 1994), incorpórase ao equipo lucense
Formado en KK Zagreb, e internacional con todas as categorías inferiores de Croacia, Mavra conta cunha ampla experiencia profesional en diversos países: Croacia (onde se proclamou campión da liga Adriática en 2014), Polonia, Macedonia do Norte (onde gañou a Copa e foi nomeado MVP), Lituania, Serbia, Eslovenia e España, cun paso polo Joventut de Badalona na tempada 2017/18.
A pasada tempada militou no Avtodor Saratov ruso, destacando na VTB United League con medias de 11 puntos, 3 rebotes e 5,5 asistencias en 29,6 minutos por partido. Ademais, representou a Croacia no Eurobasket 2022.
Dominik Mavra é un base experimentado, cunha excelente visión de xogo e unha gran capacidade para asistir aos seus compañeiros. Posúe un bo tiro tanto desde a liña de tres puntos como de media distancia. A súa envergadura permítelle tamén colaborar eficazmente no rebote.