Dominik Mavra, renovado

Compartir con

O base internacional croata continuará como director de xogo celeste na tempada 2026/2027 na Liga Endesa

Dominik Mavra (Zadar, 1994) cumprirá a súa terceira tempada no Río Breogán. Chegou a Lugo en novembro de 2024 e desde o primeiro momento converteuse nun xogador fundamental no club, encargado de transmitir ao equipo na pista a idea de xogo proposta por Luis Casimiro.

Na presente tempada, Mavra promedia 8,8 puntos (53% en T2, 32% en T3, 76% en TL) e 5,3 asistencias en case 19 minutos de media sobre a pista, o que o converte no terceiro máximo asistente da competición.

O coata xa entrou na historia do club celeste ao colocarse como segundo máximo asistente histórico do Breogán na elite.

O seu rendemento lévao a ser un dos líderes do equipo e outro dos xogadores predilectos da afección do Pazo dos Deportes.

Coa renovación de Dominik Mavra, o Río Breogán dá un paso máis na súa intención de consolidar a continuidade para a tempada 26/27 dunha base importante de xogadores do actual plantel, o cal tan boa tempada está a realizar, sumándose ás renovacións de Francis Alonso, Aranitovic e Andric.

Dominik Mavra, renovado

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información