Cando alá por 1966 un grupo de emprendedores liderados polos irmáns Varela-Portas reuniuse para fundar un club de baloncesto nunha cidade que apenas contaba con 63.000 habitantes, é probable que non imaxinasen o impacto do seu legado. Ou quizais si. Á fin e ao cabo, na mente de todo emprendedor sempre convive unha dose imprescindible de ambición e optimismo.
Na próxima temporada 2026/27, o Club Baloncesto Breogán cumprirá seis décadas de vida. Sesenta anos de historia nos que este club, nado nunha pequena capital, logrou pasar a metade da súa existencia competindo entre os máis grandes. A campaña 26/27 marcará, ademais, o seu sexto ano consecutivo na elite da Liga ACB, nun Lugo que hoxe ronda os 100.000 habitantes.
O "problema" que calquera empresa desexaría ter
No márketing e na xestión comercial existen termos técnicos para definir a escaseza de oferta ante unha demanda desbordada. O vello Pavillón Municipal quedou pequeno a finais dos 80; no 92 inaugurouse o Pazo dos Deportes, e hoxe, o Pazo tamén se nos queda curto.
Con máis de 500 persoas en lista de agarda para conseguir un abono, el club vive unha realidade de dúas caras: o enorme privilexio de ter un "produto" cobizado e a espiña de non poder atender a todos os seus clientes.
Nas escolas de negocios chamaranlle exceso de demanda ou lista de agarda estratéxica. En Lugo chamámoslle PAIXÓN.
Sostibilidade financeira e visión de futuro
Chegar ás seis décadas no deporte profesional non é fácil, pero facelo mantendo unha posición económica saneada e privilexiada é un auténtico caso de estudo. O Breogán encadea varias temporadas consecutivas con superávit, demostrando que la paixón non está rifada coa responsabilidade financeira.
O obxectivo agora é tan ambicioso como firme:
- Ampliar a carteira de patrocinadores para dar un salto cualitativo e competitivo.
- Fidelizar o ecosistema corporativo: Agradecer o apoio dos partners actuais, cuxa inmensa maioría xa manifestou a súa intención de seguir medrando ao noso lado.
2026/2027: O ano dos derbis e la expansión de marca
A marca Breogán xa transcende as fronteiras lucenses. A próxima temporada depáranos un escenario histórico: a coincidencia con outros clubs galegos na ACB propiciará unha idade de ouro do baloncesto en Galicia que non se vía desde o ano 1994.
Para os expertos en branding, a rivalidade rexional é unha panca de visibilidade brutal. Romper o localismo para que en toda Galicia se fale do Río Breogán é unha oportunidade de ouro. Da mesma maneira, as marcas que aposten polos nosos rivais terán un oco asegurado no día a día e nas conversacións dos afeccionados breoganistas.
Nos manuais de estratexia denominarano coopetición ou sinerxías de mercado. Nós chamámoslle OPORTUNIDADE.
Oxalá aqueles fundadores de 1966 puidesen ver en primeira persoa o que o club, o seu tecido empresarial e a súa xente conseguiron. O soño dos Varela-Portas non só segue vivo, senón que cotiza á alza.
Vémonos no Pazo!